Grândola, vila morena
Publicado por fryant on Venres, 25 Abril 2008
…ou de como as revolucións, por moi rápidas e pacÃficas que sexan, sempre traen sangue.
Normalmente, cando un escoita o termo “Revolución dos caraveis” pensa nunha revolución rápida, tranquila e pacÃfica. Unha revolución na que os militares a favor da democracia conseguiron unha vitoria fulgurante. Hoxe, dÃa 25 de abril, conmemórase o aniversario desa vitoria, que trouxo un aroma de liberdade para o noso paÃs veciño, co que compartimos moitos aspectos culturáis.
Mais hai unha serie de mitos que rodean ao golpe de estado democrático que nunca son ben aclarados. O primeiro é ese. Técnicamente, o sucedido en Lisboa tal dÃa como hoxe fai 34 anos non foi unha revolución, senon unha insurrección militar. Cal é a diferenza? Pois básicamente, que até logo de soar na Rádio Renascença (emisora católica, salvando as distancias, o que vendrÃa a ser a COPE aquÃ) o Grandola, vila morena de Zeca Afonso, que por certo, a cantou por primeira vez nun concerto en Santiago de Compostela; non houbo un movimento popular que estivera públicamente a favor da democracia, non houbo nin grandes manifestacións nin grandes disturbios precedentes ao golpe. Iso por un lado.
Polo outro, temos o mito de que na Revolución dos Caraveis non se derramou unha pinga de sangue. Falso, realmente houbo catro mortos, todos eles civÃs. Concordo con que afortunadamente, foron poucas as baixas para unha acción destas caracterÃsticas, mais dicir que non houbo ningunha é falsear a realidade.
Como morreron estas catro persoas?
A iso das 8 da tarde do dÃa 25, o derradeiro instrumento dicatorial que restaba por caer era a policÃa polÃtica, a tristemente famosa PIDE (PolÃcia Internacional e de Defesa do Estado), que daquela xa mudara o seu nome polo de DGS (Direcção Geral de Segurança). Media hora antes, o até entón Primer Ministro Marcello Caetano xa lle entregara o poder ao MFA (Movimento das Forças Armadas) representado polo Xeneral SpÃnola. A xente concentrábase perante o cuartel lisboeta da Direcçao, que estaba sita na Rúa António Maria Cardoso, pedindo o final da organización e a entrega dos responsábeis aos revolucionarios.
A tensión, os gritos e as protestas aumentaban pouco a pouco, até chegar ao tráxico final: Uns axentes situados no tellado abriron lume contra os manifestantes, todos civÃs, matando a catro persoas e ferindo a 45 máis.
O final da inútil resistencia da DGS non chegarÃa até o dÃa seguinte, após unha conversación telefónica entre o propio SpÃnola e o director da policÃa polÃtica, Silva Pais. A partir dese momento, deu comezo o proceso de desmantelación do organo de represión, e Portugal non voltarÃa a ter un servicio de intelixencia até 1984 coa entrada en funcionamento do SIRP (Sistema de Informações da República Portuguesa).