Heroes
Publicado por fryant on Mércores, 14 Maio 2008
…ou de como a persoa que evitou a que puido ser a máis grande matanza da Historia é un completo descoñecido.
Ao longo de toda a Guerra FrÃa, hai varios exemplos de como as decisións dunha soa persoa evitaron unha guerra nuclear entre as dúas grandes superpotencias. Persoas que en momentos de tensión non dubidaron en manter o sangue frÃo e non deixarse levar polas emocións, analisando os datos que lles chegaban de xeito correcto sen que a enorme responsabilidade lles afectara. Quizáis, a situación de ataque nuclear máis cercana, directa e realista á que se tivo que enfrentar alguén foi a que viviu Stanislav Petrov o 26 de setembro de 1983, o que algunha xente chama o “Incidente do Equinoccio de Outono”.
Na miña opinión, a Crise dos misÃs de Cuba queda en cueiros se o comparamos con esta, mais porén, e moito menos coñecida. E digo que queda en cueiros xa non sobre todo por o incidente en sà mesmo, senón polo clima entre as dúas potencias, que nese ano era case prebélico por diferentes motivos: en 1981 a URSS iniciaba a Operación RYAN, unha misión de intelixencia destinada a recoller datos sobre un para eles probábel ataque nuclear sorpresa dos EEUU; en marzo Ronald Reagan -que chegaba ao cargo de Presidente, entre outras cousas, pola súa combatividade contra os soviéticos- anunciaba a Iniciativa de Defensa Estratéxica, máis coñecido como a Guerra das Galaxias; en abril o embaixador da URSS en Australia era botado do paÃs por intentar reclutar espÃas dentro do Goberno; en xuño Cork Graham, un corresponsal de guerra estadounidense en Vietnam, era encadeado tamén por espionaxe para a CIA; e, sobre todo, porque poucos dÃas antes do que imos relatar agora, un avión de pasaxeiros, o voó 007 de Korean Airlines procedente de Nova Iorque, era derribado en augas internacionais por un par de Su-15 soviéticos. Xa falarei máis adiante deste suceso, porque tamén é bastante interesante, mais agora voltemos ao caso de Petrov.
Preto da medianoite dese dÃa, o Coronel Petrov cumprÃa co seu deber como oficial en xefe do bunker Serpukhov-15, sito nun bosque a uns 60km de Moscú, onde aÃnda hoxe se atopa a o mando da defensa e control do espazo aéreo ruso. Nese momento, os satélites OKO de alerta temperá, avisaban da detección dun misÃl nuclear estadounidense dirixÃndose á Nai Patria. O noso protagonista analisou os datos que recibÃa dos satélites, e descartou a ameaza pensando nun fallo informático, motivado en parte porque un dos plans lóxicos de estratexia nuclear marcan que o primeiro golpe ten que ser directamente con todo o arsenal para evitar a resposta coas mesmas armas. Mais esa fórmula o ten unha debilidade clara: a outra potencia lanzará todo tamén antes de que as bombas do contrario impacten. De feito, o procedemento LOW (launch on warning) calcula uns dez minutos de marxe desde que se detecta o ataque até que o paÃs agredido lanza as bombas.
Mais co que non contaba Petrov, era que uns segundos logo de razoar todo isto, as computadoras comezaban a marcar catro estelas máis, e esta vez os identificaba claramente como ICBM’s do tipo LGM-30 Minuteman. Unha vez máis, descartou a alerta, dandoa como falsa alarma. Posibelmente, outra persoa nas súas circunstancias e coa paranoia soviética no momento, activarÃa todo o sistema de defensa civil, e avisarÃa aos altos cargos para que comezaran a represalia. Porén, el chamou ao seu xefe, que á súa vez avisou ao Ministro de Defensa Ustinov, quen aceptou a teorÃa de Petrov.
O por qué da alerta
Os satélites OKO están situados na chamada Órbita de Molniya, denominada dese xeito porque era a que utilizaban os satélites soviéticos de comunicación do mesmo nome. Esta órbita ten unha diferencia sobre a que utilizaban os estadounidenses: en troques de rastrexar a Terra enteira, rastrexa só o seu borde. En teorÃa, esta órbita permitÃa reducir as falsas alarmas producidas por fenómenos naturáis, como os raios de sol reflectidos a través de nubes ou neve.
Porén, o dÃa sinalado, e ironicamente, ocurriu o que non tiña que ocorrer: o Sol, o satélite e as bases de misÃs norteamericanas aliñáronse dun xeito estraño, sendo a primeira vez que sucedÃa desde a instalación deste sistema o ano anterior. Isto causou a confusión dos raios de sol coa estela dos proxectÃs saltando asà as alarmas dos satélites.
Que pasou con Petrov?
Pois nada bó, basicamente. Ao alto mando soviético non lle gustou que desobedecera á máquina e mandara á merda todo o procedemento estabelecido, mais non o castigou por evitar unha guerra nuclear. AÃnda asÃ, consideráronno alguén no que non se podÃa confiar para dirixir a defensa aeroespacial e foi relevado e enviado a un cargo menos importante. Finalmente, prexibilouse, e agora é un pensionista máis cuns ingresos duns mil dólares ao mes.
AÃnda asÃ, a súa xesta foi recoñecida pola ONU en xuño de 2006, dándolle unha homenaxe na súa sede de Nova Iorque, e a Association of World Citizens deulle dúas veces o seu World Citizen Award.
A versión rusa
Rusia sempre negou esta versión dos feitos. Nun comunicado (PDF) que publicou a súa misión permanente nas Nacións Unidas con motivo da recepción ofrecida en 2006, dicÃa que a Unión Soviética endexamáis darÃa luz verde a unha represalia nuclear cando só un dos satélites dera a alarma. Alén diso, din que a información dos satélites non só se reparte a unha base, e polo tanto, varios expertos deberÃan confirmar ou desmentir un posÃbel ataque, e non só unha persoa. E para rematar, afirman que non só teñen aos satélites como alerta, serÃa imposÃbel dar a orde de contragolpe sen confirmación do servicio de espionaxe e de radares.
Sexa como for, o criterio de Petrov puido evitar algo bastante maior. Quizáis non directamente unha guerra nuclear, pero sà unha escalada aÃnda máis grande na paranoia soviética.