Curiosidades da Historia

Sí, outro blog de historia.

Archive for the ‘India’ Category

Curiosidades da India.

Bombas nucleares

Publicado por fryant on Xoves, 20 Marzo 2008

…ou de porqué os paquistanís son uns chapuzas.

Poñámonos en situación: Fai moitísimo tempo que existen tensións entre a India e Paquistán, provocadas, entre outras cousas, por disputas fronterizas en Cachemira, o que os levou a catro guerras, en 1945, 1967 e 1999, coñecidas as dúas precisamente como as Guerras de Cachemira e a derradeira como Guerra de Kargil. A iso hai que sumarlle outra en 1971 pola independencia de Bangladesh.

En 1946, o presidente da India, declara as intencións do país de desenvolver capacidade nuclear. Resposta do Primeiro Ministro de Paquistán, Zulfikar Ali Bhutto (por certo, pai de Benazir Bhutto, quizáis sónavos de algo) en 1965? Que se a India tiña armas nucleares, eles tamén, aínda que tiveran que comer herba. Sí, dixo iso. Literalmente. En 1974, a India leva a cabo o Buda Sorrinte (vaia nome, que non?), o seu primeiro test nuclear. Aquí comeza a nosa historia.

Nese momento, un tal Abdul Qadeer Kahn, paquistaní, estaba a traballar nunhas instalacións de Urenco non Países Baixos, onde era un dos altos cargos. Urenco é unha empresa que se adica a construír e xestionar centrais de enriquecemento de uranio. Nin corto nin perezoso, cando se entera dos tests indios, colle e manga planos de plantas de enriquecemento de uranio, e llelos pasa a espías paquistaníes que estaban nos Países Baixos. E claro, facer iso non é que sexa precisamente ser discretos, así que os servicios segredos holandeses e máis a CIA, se enteraron do que estaba a pasar. Abdul marchou do país en 1975 tras dous intentos falidos de atrapalo, voltando a súa terra natal. Fai pouco soubouse que a CIA deixouno marchar para saber máis da investigación paquistaní. En 1976, é nomeado como xefe supremo das investigacións nucleares de Paquistán canalizadas na KRL, unha empresa supersegreda (en teoría), tanto que nin o Primeiro Ministro de Paquistán podía ir visitar as súas instalacións.

Pero a realidade era outra. Nese momento, a mitade dos servicios secretos do mundo xa tiñan os narices metidas no programa nuclear, e había unha cantidade grandísima de espías entre os traballadores desa empresa. Todas as grandes potencias xa sabían o percal. Aquí entra China en xogo, que vai de cara: enterados de todo, mandan un representante a Paquistán e lles ofrecen asesoramento, 5000 imanes especiais para o enriquecemento de uranio e unha bomba nuclear para o seu estudo, os cais aceptan. Tamén Corea do Norte propón un intercambio: capacidade de construír misís balísticos en troques de capacidade nuclear. Normalmente este tipo de pactos, así como o estado da investigación lévanse no máis absoluto segredo, mais o noso querido Abdul pasaba de todo: a comezos dos 80 a CIA mangoulle a equipaxe nun voo internacional, e nel atoparon documentos que probaban indubidabelmente a colaboración china, ciscados na maleta como quen leva un libro ou un mapa dunha cidade calqueira.

En 1990 o mundo soubo que Paquistán construira a súa primeira arma. Isto nos dí dúas cousas. A primeira: botemos contas. Paquistán tardou 24 anos en construila. EEUU tardou 6, a URSS 7 e Francia 6. Imaxinade cantos sabotaxes deberon haber. A segunda: normalmente o mundo non se entera de que tes armas nucleares até que fas o primeiro test. Porén, o primeiro test paquistaní foi no 98. Por que se soubo? Porque o colega Abdul foille con toda a puta cara ao Washington Post e lles dixo algo así como (non textual): “Temos armas nucleares e as fixemos só con coñecemento paquistaní”. O cal é falso, claro, cando se sabe que polo menos hai coñecemento chino, holandés e coreano. Cando fixo estas declaracións, EEUU aplicoulle sancións a Paquistán. Que fixo Paquistán? Dicimos que paramos a construción das novas armas, pero o facemos ás agachadas. EEUU, non sei moi ben se se creu a xogada ou pasou directamente do tema, mais retirou as sancións.

En 1998, como dixera antes, o país asiático fai o seu primeiro test, o Chagai-I, en resposta aos tests que o seu arquienemigo, a India, fixera unhas semanas antes. En teoría ía ser un test subterráneo supersegredo, tanto que o Primeiro Ministro non ía volar a velo até momentos antes para non levantar suspicacias. Mais… algo supersegredo en Paquistán? Ja! Había alí fotógrafos de moitos servicios segredos do mundo preparados para capturar o momento. Que haia unha foto dese test na Wikipedia pode xa darvos unha idea de que segredo precisamente non era. Esa foi a confirmación final dunha chapuza enorme, mais non remata aquí.

Neste momento, Paquistán conta con entre 65 e 90 cabezas nucleares. Pero sábese de material nuclear paquistaní vendido no mercado negro que o noso colega Abdul se montou, e de feito Libia destruiu diante de observadores internacionais en 2003 o material que eles mercaran. Após un ano, Abdul deu unha rolda de prensa pola televisión de Paquistán dicindo que el estaba detrás, e vai o Presidente de Paquistán e perdoalle.

Publicado en India, Paquistán, Século XX | Deixa un comentario »