Curiosidades da Historia

Sí, outro blog de historia.

Archive for the ‘Territorios en disputa’ Category

Curiosidades de territorios en disputa.

Illas estrañas

Publicado por fryant on Xoves, 20 Marzo 2008

…ou porque os que se queixan de que Galiza, Catalunya e Euskal Herria son nacións inventadas, se queixan de vicio.

Feito 1: Durante a Segunda Guerra Mundial, Reino Unido construíu catro fortes marítimos nos esteiros dos ríos Támesis e Mersey para defender a entrada marítima a Londres e Manchester, entre outras cidades. Tras cumpliren as súas funcións, nos anos 50 foron retirados e destruídos. Un deles, o HMS Fort Roughs, estaba situado a 6 millas da costa de Suffolk, e cos seus 550 metros cadrados de superficie servía de protección para o porto de Harwich, en Essex. En 1956 saíron del as derradeiras tropas británicas, ficando a plataforma abandoada.

Feito 2: Na actualidade, as augas nas que un país é soberano exténdense, normalmente, até 12 millas da súa costa, e até 200 baixo réxime de explotación especial. Mais iso é así desde fai pouco, en 1967, Reino Unido só reclamaba 3 millas como augas propias.

A “Guerra de Independencia” de Sealand

Nos anos 60, as radios piratas proliferaron por todo o Reino Unido. Para evitar as persecucións, os piratas mudábanse a estes fortes, considerados sitios seguros para botar as súas emisións ao aire. Un deles foi Paddy Roy Bates, que marchou ao HMS Fort Roughs. Non tardou moito en decatarse da situación do forte: era unha posesión non reclamada situada en augas internacionais, terra de ninguén. Nese momento, nacía o Principado de Sealand como país independente, e el autoproclamábase Príncipe Roy de Sealand. Mais claro, cando Reino Unido se decatou da situación, mandou para alí un par de barcos para ver que estaba a pasar. Paddy, nin curto nin preguizoso, rexeitounos a tiros, pois estaban dentro das augas territoriais de Sealand e considerábao invasión do seu territorio nacional. Por suposto, foi chamado a xuízo en UK, mais o xuíz estimou que estaban fóra das augas territoriais de Reino Unido, e por tanto non tiñan xurisdicción. Iso constitiu o recoñecemento de facto de Sealand.

En 1975, foron estabelecidos unha bandeira, un himno nacional, unha constitución e unha moeda e pasaporte propios.

A “Guerra Civil” de Sealand

En 1978, aproveitando que Paddy estaba fóra, o Primeiro Ministro de Sealand, Alexander Achenbach, rebelouse contra o seu príncipe, secuestrando ao seu fillo e soltándoo nos Países Baixos, e se proclamou rei. Pois Paddy colleu, montou un exército, mercou un helicóptero de asalto, e retoumou a plataforma pola forza. Como os máis deles non tiñan cidadanía sealandesa foron repatriados, mais un alemán que sí a tiña foi acusado de traizón á patria e metido no cárcere cunha fianza de 75000 marcos alemáns. Alemaña falou co Reino Unido para liberalo, mais a sentenza anterior impedía os ingleses faceren nada, así que tiveron que mandar un diplomático para Sealand, o que constituiu outro recoñecemento de facto por parte dos xermanos. Achenbach, pola súa parte, constituiu un Goberno no exilio que aínda segue en activo.

Sealand na actualidade

Agora mesmo, Sealand é un deses países que son independentes realmente pero ninguén recoñecía. E digo recoñecía, porque en 2005, o Reino Unido a recoñeceu oficialmente fóra do seu territorio, após en 1995 outro barco británico fóra tiroteado nas augas do Principado. Xa non goberna Paddy, que delegou no seu fillo o Príncipe Rexente Michael de Sealand a Xefatura de Estado e de Goberno en 1999. En 2006, sufriron o seu principal desastre natural cando un lume provocado por causas eléctricas quemou a mitade da platafora, tardando 6 meses en arranxala.

Sábese que intentaron vender a plataforma a través dunha inmobiliaria andaluza, e un dos pretendientes foi The Pirate Bay, os do buscador de torrents, para pó alí os seus servidores. Mais claro, un país non se pode vender, así que lla daban en réxime de custodia.

Como curiosidades, dicirvos que un cidadán de Sealand estivo implicado na morte de Versace, e que na súa páxina web pódense mercar títulos de duque, conde e barón.

Publicado en Inglaterra, Século XX, Territorios en disputa | Deixa un comentario »