Sobre o autor
Quen son?
Son un mozo de 22 anos, estudante de Filoloxía Inglesa mais historiador frustrado, e apaixoado das vicisitudes históricas. O meu eido predilecto é o século XX, e concretando máis a República, a Guerra Civil, a Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría, mais non lle fago ascos a outras épocas.
Por que escribo un blog?
Porque me apetece. A idea xurdiu unha noite na casa, na que mentres curioseaba webs de Historia entráronme as ganas de escribir un pouco sobre ela. Comecei no meu fotolog persoal, mais coa terceira ou cuarta entradas xa comezaba a ficar pequeno, así que decidin trasladar todo a un blog de seu. Aproveitando que o Goberno do Estado estaba a dar dominios e aloxamento de balde, tirei para adiante e aquí estamos hoxe.
De que escribo?
Xa dixen antes que a miña predilección é o século XX. Mais non só vou ficar aí, todo o que sexa curioso ou chamativo e teña que ver coa Historia terá miudiño a súa presenza no blog. Alén diso, de cando en vez porei algunha ligazón que me pareza interesante ou algún libro recomendábel, sen sairmos do campo histórico.
Cando publicarei entradas?
A idea é publicar unha ou dúas por semana, sen ningún día de saída concreto, mais non prometo nada. Haberá semanas que publique unha ou dúas ou tres ou catro, e semanas que non saque nada. Dependerá do meu tempo e ganas.
Por que escribo en galego?
De novo, porque me apetece. Porque é o meu idioma, e non o agacho. Porén, vós podedes escribir no idioma que prefirades, faltaría máis. Iso sí, se o entendemos mellor.
Podes coller os textos para o teu blog?
Sí, podes. Mais hai unha serie de condicións que tes que cumprir.
Ests blog está licenzado baixo Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España. Que significa? Que podes copiar de aquí o que queiras mentres non o uses de xeito comercial, o compartas baixo a mesma licenza e digas claramente que o texto e meu e está tirado deste blog. O que fagas con el xa é cousa túa.